Publicador de contidos

Publicador de contidos

Fer López: "Teño contrato ata 2028 e xogo co Celta, que é meu soño desde pequeno"

Fer López: "Teño contrato ata 2028 e xogo co Celta, que é meu soño desde pequeno"

No programa Ao contraataque da Radio Galega entrevistaron ao canteirán do Celta na temporada da súa estrea en Primeira División

G24.gal 29/04/2025 14:58 Última actualización 29/04/2025 15:02

No programa Ao contraataque da Radio Galega, entrevistaron a Fer López, unha das perlas da canteira celeste. O xogador está a ter un gran impacto nos seus primeiros partidos co Celta pero el mantense cos pés no chan e sabe que a súa ficha é co equipo filial. 

"Se teño que volver co filial non teño problema".

"Vas seguir? Claro, teño contrato ata 2028. Estou supercontento, coa miña familia, amigos e xogando co Celta que é meu soño desde pequeno".

Fer non quixo entrar en comparativas con outros xogadores que tiveron unha entrada estelar no primeiro plantel. Moitos falan del como o sucesor de Iago Aspas. Outros, por características no campo, fan a comparación con Gabri Veiga. "Gabri marcou 11 goles na súa estrea en Primeira, eu só levo 2" recoñeceu o mediapunta. 

Tamén se referiu a cal é a posición na que se atopa máis cómodo no campo. Fer López prefire xogar por detrás do dianteiro nunha posición central, un lugar que Claudio Giráldez non contempla no seu esquema. Así, tócalle ser tirarse un pouco á banda nun dos tres de arriba e intentará mellorar o seu traballo defensivo para poder xogar no dobre pivote. 

López estuda dúas carreiras -ADE e dereito- e preguntáronlle pola súa formación e polos puntos que farían falta para entrar en Europa por primeira vez despois de moitos anos. "Podemos gañar todos os partidos" comentou o canteirán que recoñeceu que o equipo estaba nun gran momento e ía a pola vitoria no Bernabeu, un campo moi especial para el porque boa parte da súa familia é de Madrid. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar