Publicador de contidos

Publicador de contidos

Afúndese en Mauritania o pesqueiro de capital galego Tafra 3 e cinco dos tripulantes están desaparecidos

Afúndese en Mauritania o pesqueiro de capital galego Tafra 3 e cinco dos tripulantes están desaparecidos

Entre os 26 tripulantes do barco afundido había dous patróns galegos, veciños do Morrazo, e o xefe de máquinas de Huelva, que puideron poñerse a salvo. Hai 5 mauritanos desaparecidos

O Tafra 3 afundiuse este venres á noite tras ser alcanzado polo buque factoría Right Whale, con pavillón de Gambia e capital ruso

 O pesqueiro Tafra 3 é da armadora Baipesca, de capital vigués, con base en Nuadibú

O arrastreiro 'Tafra 3' coa fenda no costado de estribor, tras ser embestido polo buque factoría 'Right Whale'. Foto: Europa Press/cedida
G24.gal 13/09/2025 10:41 Última actualización 13/09/2025 19:38

O Tafra 3, que ata ano 2001 pescaba baixo o nome 'Playa de Loureiro', é de capital mixto de Vigo e  Mauritania, ten bandeira de Mauritania e ten a base en Nuadibú. Pertence á armadora Baipesca, de capital vigués.

No momento do afundimento, as 20:40 hora española, estaba pescando en augas mauritanas, fronte a Nuadibú. Ésta é a zona na que normalmente pescan as empresas mixtas con capital galego-mauritano e outras mixtas españolas.

O Tafra 3, un barco conxelador de 35 metros de eslora, afundiuse despois de ser alcanzado polo buque factoría Right Whale de 228 metros de eslora. Este buque ten bandeira de Gambia e o capital da armadora é ruso. 

Hai 21 superviventes neste afundimento, cinco deles son españois, segundo a información facilitada polas autoridades mauritanas a Salvamento Marítimo. Deles, os dous patróns son galegos, veciños do Morrazo, e un terciero español é o xefe de máquinas, de Huelva.

Entre os superviventes, amais dos cinco españois, está identificado un ghanés, un senegalés e catorce mauritanos. Hai sete membros da tripulación que están feridos, un deles de gravidade.

Segundo o diario Faro de Vigo, entre os españois rescatados figuran un onubense, xefe de máquinas, así como dous galegos, Javier Gestido e José Manuel Diz, que se atopan en bo estado, a pesar de que este último ten un corte na cabeza que require puntos de sutura, #de acordo con as autoridades consulares.

A Xunta indicou está a facer un "exhaustivo seguimento" dese naufraxio, e que contactou co armador para poñerse ao dispor da Secretaría de Pesca do Goberno central.

Segundo fontes da armadora do Tafra 3, os vinte e un mariñeiros que foron rescatados chegaron hoxe ás seis da mañá ao porto mauritano de Nuadibú e os que están ben xa descansan no hotel.  No punto do afundimento outros barcos de capital galego están colaborando na busca dos mariñeiros que seguen desaparecidos.

As mesmas informacións sinalan que hai cinco desaparecidos aos que están buscando; ao parecer son de nacionalidade mauritana. O ao rescate da tripulación acudiron os pesqueiros Tafra 2 e o Rimbal 5.

A colisión do buque 'Right Whale', de capital ruso, provocou unha gran brecha no costado de estribor do 'Tafra 3', que, ao parecer, estaba a facer unha manobra, o que fixo que se afundise dunha maneira moi rápida.

Así mesmo, na zona atópanse diferentes barcos de capital galego que colaboran na procura. Salvamento Marítimo solicitou aos seus homólogos MRCC Mauritania a actualización de operacións de procura e están á espera de recibir información sobre o operativo.

O consulado está en contacto desde o primeiro momento para facilitar todos os trámites necesarios para que poidan volver a España.

O Tafra 3, antes PLaya de Loureiro

 

O 'Tafra 3', un barco do armador galego Genaro Martínez, que ata 2001 operaba baixo o nome de 'Praia de Loureiro', faenaba no momento do accidente en augas mauritanas xunto a outros barcos, incluído o 'Tafra 2', tamén da empresa Baipesca, con sede no porto de Vigo.

Imaxe de arquivo da páxina de rexistro www.vesselfinder.com
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade