Cargando resultados...
Fuco Reyes: "Quixen fotografar o efecto da mirada"
A mostra é unha reflexión sobre o enfrontamento coa nosa propia imaxe a través da fotografía que xoga co espazo
La mirada en suspenso, de Fuco Reyes, ata o 4 de abril na Galería Metro, en Santiago de Compostela
Fuco Reyes, fotógrafo
G24.gal
01/03/2024 15:07
Última actualización 01/03/2024 16:36
La mirada en suspenso é a nova mostra fotográfica de Fuco Reyes. Nas súas fotos os rostros materialízanse fantasmagóricos como unha imaxe latente da consciencia, unha identidade que se atopa ao límite entre a aparición e a desaparición.
Nese espazo xusto e delimitado entre o referente e o seu reflexo, xorde unha mirada que nos confronta coa nosa orfandade, coa perda inefable da imaxe mental que construímos sobre a nosa identidade e das regras da realidade en que nos manexamos no cotián.