CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    LABRANZA: LABRANZA 1703

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 08:30 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 614

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 09:30 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1920

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:45 h

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 538

    Membros de Vida Ascendente de toda Galicia reuníronse en Lugo. Coñecemos o que lles achega aos maiores pertencer a este movemento que ofrece un proxecto de vida que axuda a dignificar o proceso de maduración e avellentamento.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 384

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 16.06.2024

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:10 h

    PARLAMENTO: PARLAMENTO 1111

    Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
  • 11:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). A presentadora do programa ‘Zigzag’ de fin de semana, María Solar, conversará hoxe no estudio con Antonio Raúl de Toro Santos, catedrático de Literatura Inglesa e Irlandesa da Universidade de Compostela, co que falará da pegada de Joyce en Galicia xusto no día que se celebra o Bloomsday. Hoxe domingo é 16 de xuño, o día no que suceden as aventuras, no
  • 12:05 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1156

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 12:45 h

    AQUÍ GALICIA. O TEU VERÁN

    Rafa Durán e Trisha Fernández presentan esta nova etapa do coñecido programa da TVG, con toda a diversión das festas, a música, a boa gastronomía e moito máis.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.06.2024

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 16.06.2024

  • 15:30 h

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 3

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música. Arde Lvcvs, terra de romanos: ‘Xuntos no verán’ estará en directo seguindo as actividades do último día da festa lucense. Asistiremos a algún bautizo e voda celta e entraremos nun forte romano. Chega a calor e din que aumentan as infidelidades. A que pode deberse? Cales son as cidades galegas menos leais? O programa analizará isto e visitará en directo á dis
  • 18:45 h

    HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS II

    Todo o mundo ten unha historia, mesmo a xente común. O programa recolle as de distintas persoas en menos de catro minutos de relato, coas experiencias que máis as marcaron. Nesta entrega, os espectadores coñecerán a cinco mulleres loitadoras. Carolina, Gloria, Bea, María e Lorena compartirán as dificultades que marcaron as súas vidas e tamén os seus segredos para superar os momentos máis duros.
  • 19:20 h

    HISTORIAS MÍNIMAS: HISTORIAS MÍNIMAS II 19

    Deyse, Fernando, Narenka, Pablo e Óscar son os protagonistas deste programa. Un accidente, un avistamento, unha carta de amor, un furacán e un concerto milagroso compoñen unha colección de confidencias do máis especial.
  • 19:50 h

    SEN CÓDIGO POSTAL: Ribadumia

    Espazo que, da man do 'carteiro' Víctor Fábregas, realiza cada sábado un paseo pola nosa terra visitando os lugares e conveciños máis descoñecidos, os máis simpáticos, os máis característicos e os máis sorprendentes, descubrindo así un pouco máis cada recuncho de Galicia. Este domingo o carteiro de ‘Sen código postal’ viaxa ata Pontevedra concretamente ao concello de Ribadumia. Unha vez na vila emprende a busca de Pepe Castro, dono la bodega Lagar de Pintos e gran coñecedor da contorna. Con el fará unha rut
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:50 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 16.06.2024

  • 22:05 h

    FILA 1: CHUNGO

    Luís Zahera presenta o monólogo da súa vida. O actor repasa diversas anécdotas que transportarán o público ao surrealismo que afronta cada mañá ao espertar. Dentro do espazo ‘Butaca G. Fila1’, ‘Chungo’ regala 90 minutos de pura comedia, nos que Zahera, gañador de dous premios Goya e presente en producións como ‘As bestas’, ‘Entrevías’, ‘Vivir sin permiso’, ‘El Reino’, ‘Alatriste’, ‘Celda 211’, entre outras, fai neste show un percorrido pola súa traxectoria tanto profesional como persoal e ponse en ridículo
  • 23:45 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 615

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 00:50 h

    LUAR: LUAR 1401

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Dous clásicos do panorama musical español, o cantante Bertín Osborne e o dúo Cómplices, visitan esta noite 'Luar'. En canto á música tradicional, o programa ofrecerá as actuacións do recoñecido Coro Cantigas e Agarimos, da Asociación Cultural A Regionalista e do grupo Zurrumalla.
  • 04:25 h

    NO FOCO: NO FOCO 15.06.2024

    Presentado por Marcos Sueiro, espazo semanal de reportaxes, que afonda nas claves da actualidade e profunda nos asuntos informativos que suscitan o interese dos espectadores, cun enfoque rigoroso e especializado.
  • 04:45 h

    XUNTOS NO VERÁN: XUNTOS NO VERÁN 3

    Presentado por Rocío Delgado, ofrece cada domingo toda a actualidade do estío galego, con conexións en directo, reportaxes, entrevistas e moita música.
  • 07:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 16.06.2024