Programación
-
09:25 h
NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1937
Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes. -
09:40 h
POLO CAMIÑO DA FE
Coñecemos a casa sacerdotal da diocese de Ourense onde viven sacerdotes de certa idade con outros máis novos. As casas sacerdotais permiten aos maiores ter as necesidades cubertas e os coidados axeitados no seu retiro nun lugar de convivencia fraternal. -
10:00 h
SANTA MISA: SANTA MISA V 400
-
10:35 h
BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 13.10.2024
Presenta Chus Tanoira. -
11:10 h
VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1163
Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar. -
11:40 h
DIN QUE NON FALAN: Ledicia Costas
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. Ledicia Costas, unha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, será hoxe protagonista en 'Din que non falan'. -
12:55 h
A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS. RESUMOS SEMANAIS: A LIGA DOS CANTANTES EXTRAORDINARIOS V (RESUMOS SEMANAIS) 51
Cachamos a María Mera no seu camerino dándolle un repaso á escaleta deste cuarto programa e explica en que consiste ese documento con todo detalle. Tamén coñecemos o equipo de bailaríns do programa e cóntannos os seus segredos para estar tan fortes e poder aguantar tanto tempo bailando sen parar. Por outro lado, chegan as primeiras bágoas de tristeza entre os concursantes. -
13:55 h
GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA: GALICIA NOTICIAS FIN DE SEMANA 13.10.2024
Presenta Alberto Mancebo. -
14:25 h
en emisiónTELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.10.2024
Presenta Raquel Domínguez. Irene Lourido encárgase da información deportiva. -
15:25 h
O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 13.10.2024
-
15:35 h
CASAMOS!: A historia de amor de Mayte e Julio
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Contra vento e marea, Mayte e Julio levarán este domingo o seu amor a bo porto no programa 'Casamos!'. -
16:40 h
CASAMOS!: A historia de amor de Suso e Suso
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse ao programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. Os 'Susos', protagonistas hoxe en 'Casamos!', cunha voda multitudinaria e sorprendente. Darán o ‘si, quero’ na TVG, despois de 5 anos xuntos e tras facer a pedida de man tamén nun programa da Galega. -
17:35 h
COMISIÓN DE FESTAS: Festa das Flores - Curtis
A TVG métese entre bambolinas con ‘Comisión de Festas’ para descubrir como se organizan as festas galegas. O espazo ‘Comisión de Festas’ acompañará nesta ocasión os organizadores da Festa das Flores de Curtis. -
18:45 h
QUERO UN XARDÍN!: QUERO UN XARDÍN 4
Rocío quere regalarlle un xardín á súa veciña Uxía. O seu xardín é pequeno e está desaproveitado. A reforma deste espazo non é doada: hai que dotalo de privacidade aproveitando os recursos que ofrece. Natalia é unha muller de Salceda de Caselas que quere regalarlle un xardín ao seu pai Higinio. A tarefa de reformar o espazo non é doada: o xardín ten moita maleza e un laranxeiro será motivo de disputas. O espazo ‘Quero un xardín’ realiza esta semana senllas reformas en Maceda e en Salceda de Caselas. -
19:55 h
GAÑA A TÚA ALDEA: GAÑA A TÚA ALDEA 3
Xián, natural de Lapido en Ames, Alba da Coruña, e Diego, de Vilagarcía de Arousa, participan no programa ‘Gaña a túa aldea’. A súa bagaxe cultural e os coñecementos particulares sobre o territorio daralles opcións de ganar e continuar concursando un día máis -
20:55 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
21:55 h
O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 13.10.2024
-
22:10 h
ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA: ATRÁPAME SE PODES, CHANZO ARRIBA II 79
Presentado por Paco Lodeiro, este concurso de preguntas e respostas convida o espectador a xogar desde a casa e dálles aos concursantes a posibilidade de gañar importantes premios. O programa chega aos 2.600 € no bote cunha nova incorporación, Sergio, que vén de Cambados. Os catro concursantes que continúan no programa son Sebas, de Ourense; Pilar, de Cedeira; Begoña, da Coruña, e Manuel, de Muros. As diferentes probas determinarán o resultado desta nova entrega do 'Atrápame se podes, chanzo arriba'. -
22:55 h
PESCA TOTAL
Programa presentado por Lucía Regueiro, en que seis aspirantes sen experiencia previa no mar se enrolarán no barco Playa de Sanxenxo. Ás ordes do capitán Sauro Martínez e coa axuda da súa tripulación, os participantes enfrontaranse a desafíos e tarefas propias dun barco pesqueiro. Unha climatoloxía adversa complica a xornada no mar da aspirante de Malpica de Bergantiños en 'Pesca Total'. Mirian é a primeira concursante en poñerse baixo o mando do capitán do Playa de Sanxenxo. -
23:55 h
CONECTAD@S EN FAMILIA
Programa que ten como obxectivo abrir un debate na sociedade sobre os desafíos das novas Tecnoloxías da Información e Comunicación (TIC) na vida dos rapaces e dos adolescentes. Presentado por Marta Doviro. Mozos, familias e especialistas falarán hoxe do acoso escolar e do ciberacoso. -
00:35 h
CASAMOS!: A historia de amor de Mayte e Julio
As vodas máis románticas, divertidas, curiosas e entrañables asomaranse co programa “Casamos!". En cada unha das entregas, os espectadores verán a ilusión de parellas de noivos que deciden celebrar o seu enlace, as particularidades de cada noivado. -
01:35 h
TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA
Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva. -
02:30 h
DIN QUE NON FALAN: Ledicia Costas
Programa de entrevistas que ten como protagonistas mulleres relevantes na nosa comunidade. Presentado por Estíbaliz Veiga. Ledicia Costas, unha das escritoras máis recoñecidas e traducidas da literatura galega, será hoxe protagonista en 'Din que non falan'. -
03:45 h
LUAR: LUAR 1411
Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. ‘Zorra' e 'Potra salvaje', dous dos éxitos musicais do ano, soarán hoxe en 'Luar' coa visita de Nebulossa e Isabel Aaiún. Polo escenario tamén pasarán, entre outros, a orquestra Olympus, as pandeireteiras da asociación Vai de Roda de Rianxo e a Agrupación Rosalía de Castro de Cacheiras. -
06:55 h
INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 13.10.2024
-
07:00 h
ESTACHE BO!: Pasta con mexillóns á galega
Programa de cociña presentado polo chef Iván Mariñas, que se pon ao mando dos fogóns con receitas sinxelas para toda a familia, cheas de sabor e de produtos galegos. -
07:30 h
O TERMÓMETRO: O TERMÓMETRO 19
A TVG tómalle a temperatura ao día a día dos galegos con ‘O termómetro’, o novo magazine das mañás, presentado por Rocío Delgado e Bernardo Montaña. Centrado na realidade social galega, ofrecerá unha ampla cobertura en directo da actualidade e, da man de expertos, tratará os temas que máis preocupan os espectadores. 'O Termómetro' estará hoxe na Semana da Tortilla de Betanzos e na recollida da mazá na Estrada.