CRTVG

Buscar

Programación

  • 08:00 h

    LABRANZA: LABRANZA 1699

    Presenta Manuel Cruz. Programa en que se abordan todo tipo de cuestións relativas ao agro e á gandería. Ademais da análise en profundidade da situación actual do sector e das empresas galegas, das normativas europeas e das innovacións tecnolóxicas.
  • 08:35 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 606

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 09:25 h

    NACER DE NOVO: NACER DE NOVO 1916

    Espazo dedicado á igrexa evanxélica que presenta Xaime Fernández Garrido. Inclúe entrevistas e reportaxes.
  • 09:40 h

    POLO CAMIÑO DA FE: POLO CAMIÑO DA FE 534

    Os responsables de colexios diocesanos de toda España reuníronse en Lugo nun encontro organizado pola Comisión Episcopal para a Educación e a Cultura da Conferencia Episcopal Española. Durante estes día reflexionaron sobre a realidade educativa que representan e abordaron temas relacionados coa sostibilidade, tanto no aspecto socioeconómico como pedagóxico.
  • 10:00 h

    SANTA MISA: SANTA MISA V 381

  • 10:30 h

    BOS DÍAS FIN DE SEMANA: BOS DÍAS FIN DE SEMANA (DOMINGO) 19.05.2024

    Presenta Chus Tanoira.
  • 11:10 h

    PARLAMENTO: PARLAMENTO 1110

    Espazo semanal de información política e parlamentaria de Galicia.
  • 11:40 h

    ZIGZAG

    Programa que lles achega aos espectadores galegos toda a actualidade cultural, presentado por Pilar G. Rego (de luns a venres) e María Solar (fin de semana). Arredor do Día Internacional dos Museos, a artista lucense Mónica Alonso falará en ‘Zigzag’ da súa exposición ‘A pel do museo’, que se pode ver en Pontevedra.
  • 12:05 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1152

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 12:40 h

    XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 63

    Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. En plena conta atrás para os Xogos Olímpicos de París, ‘Xuntos en directo’ falará con algúns dos deportistas galegos que
  • 13:30 h

    OS Z TAMÉN FALAN GALEGO

    Dentro da súa programación especial arredor do Día das Letras Galegas, a TVG ofrece hoxe o especial ‘Os Zeta tamén falan galego’, en que os espectadores poderán ver como os membros desta xeración entregan a versión máis fresca do idioma e escoitar como soa a nosa lingua nos beizos dunha deseñadora de xoias, dun grupo adolescente de rock, dunha familia numerosa e do alumnado dun instituto vigués.
  • 14:25 h

    TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA: TELEXORNAL MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.05.2024

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 15:25 h

    O TEMPO: O TEMPO MEDIODÍA FIN DE SEMANA 19.05.2024

  • 15:35 h

    XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 64

    Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. Comeza a temporada de vodas en ‘Xuntos en directo’, que visitará Cerdido, unha pequena vila coruñesa con 17 nacionalidade
  • 18:55 h

    OS RÍOS DA VIDA: RÍO XALLAS

    Co programa ‘Os ríos da vida’, os espectadores coñecerán os segredos dos ríos máis importantes de Galicia. Cada capítulo explorará un destes cursos de auga, desde o nacemento ata a desembocadura, en busca das historias máis curiosas que agochan. O Xallas e a súa espectacular chegada ao Atlántico, protagonista este domingo no espazo 'Os ríos da vida'.
  • 19:55 h

    MALICIA NOTICIAS: MALICIA NOTICIAS XVII 607

    Programa comandado por Lucía Veiga, acompañado dos 'maliciosos' Noelia Rey, Pepe Capelán, Antonio Mosquera, Belén Vara, David Perdomo, Trisha Fernández, Fran Cañotas e Miguel Mandayo, que lle dan unha volta, en clave de humor, á actualidade diaria.
  • 20:55 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 21:45 h

    O TEMPO: O TEMPO SERÁN FIN DE SEMANA 19.05.2024

  • 22:05 h

    NIN O IMAXINAS: NIN O IMAXINAS 1

    Presentado por Alba Mancebo, este programa emprega os últimos avances tecnolóxicos para descubrir como serán as grandes infraestruturas postas en marcha no noso país e tamén para ofrecer unha visión completamente distinta dos fenómenos meteorolóxicos. Na súa estrea, 'Nin o imaxinas' amosará con todo detalle como será a ponte que unirá Ferrol e A Coruña, falará do terremoto que no ano 1997 azoutou ás localidades luguesas de Triacastela, Sarria e Becerreá e lembrará a traxedia do incendio no santuario da Virx
  • 23:25 h

    QUE CASAS!: QUE CASAS! XII 108

    Programa que entra nas casas máis fascinantes, singulares e orixinais de Galicia da man dos seus propietarios. Catro vivendas de Sanxenxo, Santiago, Oleiros e A Coruña, protagonistas hoxe no espazo 'Que Casas!'.
  • 00:30 h

    TELEXORNAL SERÁN FIN DE SEMANA

    Presentan Irene Lourido e Alberto Mancebo. Tomás Alonso encárgase da información deportiva.
  • 01:20 h

    LUAR: LUAR 1397

    Musical presentado por Xosé Ramón Gayoso e Esther Estévez. Ofrece humor, concursos e as actuacións máis destacadas da música galega e nacional. Amancio Prada, Rosa Cedrón, Ialma, Astarot e Treixadura actúan esta noite nun 'Luar' que homenaxea a música e a cultura galegas. O recoñecido coro Cantigas e Agarimos, o grupo Faneka, a formación Gharabullos de Tarambainas e a orquestra Estrella Mar completan o cartel dun programa en que todas as cancións se interpretarán en galego.
  • 04:25 h

    XUNTOS EN DIRECTO: XUNTOS EN DIRECTO III 64

    Magazine interxeracional que nas tardes da fin de semana acompañará os espectadores durante tres horas en directo, con entrevistas, música, reportaxes e diferentes seccións desde a perspectiva de diferentes xeracións. Presentado por Rocío Delgado, apoiada por Pili Pampín e Juan Lage, este novo formato de entretemento para toda a familia conta con colaboradores desde os 18 ata os 80 anos. Comeza a temporada de vodas en ‘Xuntos en directo’, que visitará Cerdido, unha pequena vila coruñesa con 17 nacionalidade
  • 07:25 h

    VIVIR O MAR: VIVIR O MAR 1152

    Programa especializado no sector pesqueiro galego. Entre os seus obxectivos principais está a análise dos novos aspectos e retos da economía que xira en torno ao mar.
  • 07:55 h

    INFORMACIÓN ESTADO DO MAR MAÑÁ: INFORMACION ESTADO DO MAR MAÑA 19.05.2024