Zigzag-Eirado
ZigZag Eirado
O compositor compostelán Abe Rábade e o seu trío traballaron coa Real Filharmónica de Galicia nun proxecto titulado “Tránsitos”, unha obra dividida en catro partes, compostas por el mesmo e que combinan o ritmo orquestral co estilo jazz de Abe Rábade trío. Con motivo de coñecer máis de preto este proxecto, o presentador de “ZigZag-Eirado” Tino Santiago falará co artista das súas impresións, do proceso de produción e do resultado desta peza.
A sección de cinema virá, como cada semana, da man dos colaboradores cinéfilos Ángel Suanzes e Moncho Lemos. Nesta edición trarán unha iniciativa chamada “Screenly”, baseada na creación de xuntanzas de espectadores que queren ver películas que non sexan estreas nas salas de cinema. Esta idea lévase a cabo en salas de Santiago e Vigo. Continuarán a sección de cinema cunha reportaxe sobre a película “Techo y Comida”, a ópera prima do director Juan Miguel del Castillo e gañadora do premio á mellor película do OUFF. Tamén comentarán a estrea de “Langosta”, do grego Yorgos Lanthimos, e na que actúa Collin Farrell.
Non poderá faltar tampouco a sección musical con Marta Gómez, que para esta ocasión realizará un repaso polas propostas máis salientables do “Culturgal”. Falarase do novo disco que presenta o “gaiteiro idie” Cristian Silva. Tamén terá presenza nesta sección a Orquesta Os Modernos, que tamén presentan novo disco chamado “Disimulen” e por último darán a coñecer o novo disco do artista Tatán, que sae ao mercado baixo o nome de “Chapeu”.
Finalmente, no espazo “Fondos Reservados”, contarase con mencións especiais ao finado Neira Vilas e recuperaranse as entrevistas dos gañadores de Cineuropa, Miguel Gónes e Arturo Ripstain.