CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Zigzag diario. 3ª temporada (17/10/2011)

17/10/2011 16:30 h

O programa “ZigZag Diario” contará coa presenza de Xavier Queipo, gañador do Premio Xerais 2011 coa novela “Extramunde”. O escritor, que reside en Bruxelas onde traballa como funcionario da Unión Europea, acode a Galicia para presentar esta semana o libro pero antes acode á  Televisión de Galicia para presentárllelo aos espectadores galegos e seguidores do espazo cultural da tvG2.

Outros contidos do programa achegarán iniciativas novas e orixinais relacionadas coa literatura. Os poetas que veñen participando nos combates líricos organizados por “A Hostia en Verso”, un espectáculo en que dous poetas se enfrontan e o público decide o gañador, representarán esta tarde para “ZigZag Diario” un destes duelos, que teñen como obxectivo achegar a poesía á xente.

 Ademais, o programa presentado por María Solar farase eco do “Bibliomercado” organizado pola Biblioteca Pública Ánxel Casal na Praza de Abastos de Santiago co obxectivo de achegar a súa colección a todas as persoas que fagan alí a súa compra. Deste xeito, os composteláns poden coñecer durante os sábados deste mes os fondos da biblioteca e obter información sobre os servizos que ofrece.

Atopar capítulo por: