CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Christian Villamide, Marisa González e Rosa Úbeda

24/05/2016 21:00 h

Zigzag visita a mostra retrospectiva da artista bilbaina, Marisa González, no CGAC. Considerada unha pioneira no uso das novas tecnoloxías nesta exposición podemos ver algúns dos seus traballos máis recoñecidos dende os anos 70 ata a actualidade.

Acode á entrevista o artista Christian Villamide para falar da exposición "A paisaxe contra a parede" que podemos visitar ata o 31 de xullo no Museo Provincial de Lugo. Pintura, escultura, video e instalacions conforman a mostra.

Outra artista, a pontevedresa Rosa Úbeda expón na Fundación Laxeiro de Vigo.  "Anomia" e é unha escolma de obras de diferentes épocas da artista.

Atopar capítulo por: