CRTVG

Buscar

Zigzag diario

ZigZag Diario (17/09/2012)

17/09/2012 16:30 h

 

Deste xeito, despois da paréntese estival, a información cultural recupera o seu lugar con esta nova andaina do programa presentado por María Solar, onde seguirán a ter cabida todas as artes e as propostas dos creadores galegos, contadas dun xeito accesible para o público en xeral. O espazo, de media hora de duración, conserva o seu horario na segunda canle da Galega e emitirase de luns a venres na sobremesa, a partir das 16.30 h. Ademais, redifundirase cada día ás 21.00 h.

Na súa “rentrée”, “ZigZag Diario” estará hoxe dedicado, como cada luns, á literatura e recibirá a visita no estudio de gravación da rapeira Aíd, que volve sorprender cun novo concepto de traballo: as poesías galegas de sempre a ritmo de hip hop. A artista presentará o libro-disco “Rapoemas”, onde musica os grandes clásicos da literatura galega, unha viaxe que vai desde o século XIX, cando foron escritos moitos destes textos tan coñecidos, ata este século XXI cheo de novos ritmos.

Outra das novidades literarias en que se deterá o programa será “Gran Tiburón Branco”, de Samuel Solleiro, cinco historias diferentes que comparten un mesmo clima de violencia, de vergoña e de cansazo e tamén o feito de estaren narradas en primeira persoa por seres que moran á beira dun terraplén.

 

Ademais, o espazo da segunda canle da Galega visitará unha nova libraría que abriu as súas portas en Arteixo este verán: A Lus do Candil, un proxecto do poeta Modesto Fraga. Presentacións de libros, recitais e mesas redondas formarán parte dunha proposta onde a literatura galega será a protagonist

 

Atopar capítulo por: