CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Zigzag Diario (15/03/2012)

15/03/2012 16:30 h

A edición dedicada á actualidade cinematográfica que “ZigZag Diario” ofrece todos os xoves contará hoxe coa presenza do actor Rubén Riós, un dos protagonistas de “Vilamor”, a nova película de Ignacio Vilar. Riós falará da súa experiencia na rodaxe dun filme que se estreará o vindeiro 30 de marzo e que traslada á pantalla grande a historia das comunas que a finais dos anos 70 se instalaron no municipio lucense de Negueira de Muñiz.

 O espazo da segunda canle da Galega tamén conversará esta tarde co director Nacho Vigalondo, quen a semana que vén estreará a súa segunda longametraxe, “Extraterrestre”, con Michelle Jenner e Julián Villagrán. O realizador mestura comedia e ciencia ficción nunha película que conta a historia de dous mozos descoñecidos que espertan na mesma cama despois dunha borracheira da que non lembran nada, para descubrir que un ovni xigante flota sobre a cidade.

 Ademais, “ZigZag Diario” falará co único galego que estará presente na décimo terceira edición do Festival de Cine das Palmas, Xacio Baño, quen presentará a curtametraxe “Anacos”, un retrato do simple e sinxela que é a vida dunha persoa, que conta co traballo dos actores Mabel Rivera, Fernando Morán e Xosé Barato.

 

Atopar capítulo por: