CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Zigzag Diario (03/05/2012)

03/05/2012 16:30 h

O programa “ZigZag Diario” recibirá hoxe a visita do realizador galego Xacio Baño, gañador dun premio no Festival de Málaga pola súa curtametraxe “Anacos”. Este retrato do simple e sinxela que é a vida dunha persoa fíxose coa Biznaga Premio Especial do Xurado dentro da sección oficial de curtametraxes “Zonazine”.

    Outra cinta galega que triunfou en Málaga foi “O sexo dos anxos”, gañadora da Biznaga de Prata ao mellor actor de reparto e á mellor fotografía. O espazo da tvG2 ofrecerá unha reportaxe sobre a nova longametraxe de Xavier Villaverde, unha comedia romántica arredor dun triángulo amoroso, que se estrea mañá nas salas de cine.

    Por outro lado, “ZigZag Diario” achegarase ao proxecto cinematográfico “9 ondas”, unha proposta independente do italiano Simone Saibene que foxe do financiamento oficial e que o busca nas achegas de persoas a nivel individual. A acción deste filme sitúase na fronteira entre Galicia e Portugal, onde un home esquece as súas lembranzas ao beber auga dunha fonte, comezando así un camiño cara á súa verdadeira identidade.

Atopar capítulo por: