CRTVG

Buscar

Sopa de festa

XXV Festa da ameixa de Carril

22/08/2017 22:30 h

Carril é unha das máis famosas parroquias do municipio pontevedrés de Vilagarcía de Arousa, coñecida tamén por ser das máis marisqueiras de toda Galicia, gran parte da súa poboación vive do mar e sobre todo do cultivo e da extracción da ameixa. 
Por este motivo, desde hai 25 anos, os produtores e os mariscadores da ameixa decidiron que este bivalvo fose o protagonista dunha gran festa. Hoxe, as cámaras do programa amosarán como se cultiva a ameixa, que clases deste bivalvo se dan na zona e, sobre todo, poranlles cara a algúns mariscadores do Carril que se dedican, xeración tras xeración, a este oficio.

Atopar capítulo por: