CRTVG

Buscar

Sopa de festa

XXIV Festa dos callos de Meis

14/07/2014 22:15 h

“Sopa de Festa”, a cita festiva e culinaria que teñen semanalmente os espectadores na Televisión de Galicia, convídaos esta noite a acudir á 24 edición da Festa dos Callos de Meis, unha celebración que abre a temporada dos eventos gastronómicos na comarca do Salnés.

O equipo de reporteiros de “Sopa de Festa” amosará todo canto aconteceu neste evento, que comezou hai 24 anos como unha celebración entre veciños e amigos do lugar e na actualidade é un dos festexos gastronómicas con maior afluencia dentro da comarca. 

Deste xeito e para demostrar que así é, as cámaras do programa pasaron o día de festa cos cociñeiros encargados de preparar os máis de 2.000 quilos de callos, cos organizadores do evento e, como non, cos moitos asistentes que se achegaron para comer unha boa ración de callos e gozar da música que amenizou toda a xornada festiva.

 

 

Atopar capítulo por: