CRTVG

Buscar

Especial

XXIII Festa do Pan de Cea

07/07/2014 23:45 h

A Televisión de Galicia volverá decantarse polas celebracións gastronómicas e desprazará os espectadores cara á ourensá Festa do Pan de Cea, que esta edición celebra os seus 23 anos festexando este saboroso manxar. Aínda que o pan de Cea é o protagonista, degústase nun xantar popular xunto aos variados produtos galegos co distintivo de calidade como a tenreira galega, o polbo, a empanada, os viños, o mel, augardentes ou licores. O especial da TVG dará conta deste festexo, da actividade Cociña en Vivo, onde se presentarán diversos pratos elaborados con pan de Cea, e do ambiente festivo, sempre acompañado de animadas charangas e boa música.

Atopar capítulo por: