CRTVG

Buscar

Sopa de festa

XXII Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces

01/06/2015 23:15 h

O programa “Sopa de Festa” ofrécelles este luns aos espectadores da Televisión de Galicia todo canto aconteceu noutra das grandes festas gastronómicas que se celebran na nosa comunidade: a Festa do Galo de Curral de Vila de Cruces, unha celebración que leva 22 anos exaltando o máis prezado e famoso produto da zona. 

O equipo de “Sopa de Festa” desprazarase ata esta vila para compartir cos habitantes e visitantes o día grande da celebración, declarada de Interese Turístico, unha xornada que estivo marcada sobre todo pola degustación do galo de curral nos distintos establecementos hostaleiros de Vila de Cruces. Para coñecer como é o xeito máis tradicional de preparar este manxar, as cámaras do programa achegaranse aos fogóns do restaurante “Casa Castro”.

Ademais da parte gastronómica e do ambiente festeiro que se viviu durante todo o día, os espectadores da TVG tamén poderán ver como se cría o galo de curral e saber cal é o segredo dos criadores para que a carne desta ave sexa tan saborosa e prezada polos cociñeiros. 

Outros contidos que o programa “Sopa de Festa” compartirá coa audiencia galega será un resumo da parte máis musical coa que contou esta celebración, en que actuaron María do Ceo e As Malvela. 

Atopar capítulo por: