Premios María Casares
XXI Premios de Teatro María Casares
29/03/2017 23:59 h
Cerimonia de entrega dos catorce galardóns en que se dividen os premios, cun total de trece espectáculos finalistas nas diferentes categorías.
“O tolleito de Inishmaan”, de Contraproducións e FIOT Carballo; “Eroski Paraíso”, de Chévere; “Raclette”, de Ibuprofeno Teatro, e “Voaxa e Carmín”, de ButacaZerto e Eme2 son as producións con maior número de candidaturas. Ademais, o director e dramaturgo Eduardo Alonso recibirá o Premio de Honra Marisa Soto.
O actor e monologuista Pepo Suevos conducirá a cerimonia, que contará tamén coa intervención dos actores e actrices Silvana Couñago, Marta Lado, Roberto Leal, Alberto Rolán, Patricia Torres e Josito Porto, e con música en directo.