CRTVG

Buscar

Premios María Casares

XX Premios de Teatro María Casares

30/03/2016 22:45 h

Os Premios María Casares, en que compiten un total de 14 espectáculos nas distintas candidaturas, celébranse no Teatro Rosalía de Castro, da Coruña, sendo “O principio de Arquímedes”, de Teatro do Atlántico, a produción cun maior número de finalistas, ao ter presenza en ata oito categorías. 

Os galardóns chegan este ano á súa vixésima edición, en que lle renden homenaxe á actriz que lles dá nome, María Casares, no ano en que fai dúas décadas do seu pasamento; así como ás Irmandades da Fala. 

Durante o evento farase tamén entrega do Premio de Honra Marisa Soto 2016, que recibirá a “Revista Galega de Teatro” pola súa labor de difusión da información vinculada ás artes escénicas. 

O grupo Chévere será a compañía encargada de conducir unha gala que terá carácter musical e que se converterá nunha gran celebración para a escena galega.

Atopar capítulo por: