Zigzag diario
Xulio Villarino, “Magical Girls” e Xisela Franco
27/09/2016 21:00 h
O programa “ZigZag Diario” ofrecerá hoxe unha conversa con con Xulio Villarino pola súa exposicion “Pel de Mar”, que está producida polo mesmo Festival Mar de Mares que se celebrou na Coruña.
Na Casa das Artes do Concello de Vigo, o espazo da tvG2 visitará a a exposición “Magical Girls”, que reúne obras de 11 mulleres artistas, nunha mostra multidisciplinar que aproxima o sentir destas creadoras, ofrecendo un retrato xeracional da produción artística feminina máis nova da área de Vigo.
Ademais, “ZigZag Diario” ofrecerá unha reportaxe sobre a inauguración da intervención de Xisela Franco no Marco de Vigo.