Galegos
Xosé Neira Vilas
31/05/2014 20:30 h
60 anos despois de escribir en Bos Aires “Memorias dun neno labrego”, este segue a ser o libro en galego máis lido e traducido. Xosé Neira Vilas tamén foi un rapaz de aldea e o mundo rural galego e a realidade dura da posguerra está presente en boa parte da súa obra.
Neira Vilas di que o que a el lle gusta é contar as cousas cun sentido realista e con humor, se é posible. Non lle gustan os escritores que colocan palabras sacadas dos dicionarios, xa que cre que as palabras teñen que saír soas e atopar o seu sitio na narración dun xeito natural.