Zigzag-Eirado
Xosé Manuel Dasilva / Festival Premios Martin Códax / Cine / Sés
Os espectadores da tvG2 teñan unha nova cita coa cultura este sábado no programa “ZigZag-Eirado”, que recibirá a visita do filólogo, profesor e investigador Xosé Manuel Dasilva, que participou en Lugo nunha xornada na honra do político, intelectual e activista lancarés Ramón Piñeiro polo centenario do seu nacemento.
Outro dos temas destacados no programa desta noite será a primeira edición do Festival Premios Martín Códax, que se celebra esta fin de semana en diferentes espazos de Santiago de Compostela e no que participan os artistas e grupos premiados na última edición do certame.
No tempo dedicado á actualidade cinematográfica, Ángel Suanzes falará de “Sin Dios ni Santa María”, unha curtametraxe experimental cunha visión antropolóxica sobre a bruxaría, da galega Helena Girón e do canario Samuel M. Delgado.
Para rematar, “ZigZag-Eirado” ofrecerá a música de Sés, unha das novas promesas musicais galegas, coñecida polos seus ritmos americanos repensados en galego e en feminino