Zigzag diario
Xosé Manuel Budiño, “Desconhecido”, Ivy Moon e Hilario Camacho
30/11/2016 21:00 h
Entrevista a Xosé Manuel Budiño, un dos gaiteiros galegos máis coñecidos que reedita 20 anos despois da súa publicación o álbum “Paralaia”. O programa tamén lles amosará os espectadores un novo proxecto artístico que mestura música, poesía, ilustración e mais cómic. Trátase de “Desconhecido”, a última obra de Berlai cunha forte carga de lirismo e realismo sucio. Ademais, tamén falarán da estrea do videoclip de Ivy Moon, do seu tema “Hallucinogenic”, un dos principais do seu último EP “Prelude” O colaborador habitual do “ZigZag” Moncho Lemos lembrará no seu espazo ao cantautor histórico Hilario Camacho, do que reeditan “Tiempo al tiempo”.