CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Xosé Díaz, “Fálame do Silencio”, Malandrómeda, Loopholes e Pancho Álvarez

14/02/2016 00:45 h

A Real Academia Galega das Belas Artes acaba de elixir cinco novos membros numerarios, entre os que destaca Xosé Díaz, o primeiro que ingresa en concepto de deseñador gráfico. O fillo de Isaac Díaz Pardo ven hoxe ao programa “ZigZag-Eirado” para comentar máis sobre este novo nomeamento e dar a coñecer máis polo miúdo o seu traballo. 
O programa desta semana, no seu apartado de cinema, falará da curtametraxe de Lois Blanco “Fálame do Silencio”. Esta peza audiovisual, que ten como protagonista a Daniela Rodas e Mateo Franco, fala das vicisitudes e tensións ás que se enfronta unha parella de mozos e que ten a incerteza laboral de fondo. 
No espazo dedicado ás músicas, o espazo da tvG2 presentará o novo disco do grupo de rap santiagués Malandrómeda. Outros que tamén estrean traballo son os Loopholes, da Guarda, que tamén terán o seu oco no programa de hoxe. Finalmente, presentarán o novo vídeo musical de Las Palmeras. 
E finalmente, o “Zigzag-Eirado” falará de Pancho Álvarez, un dos nomes con máis proxección do panorama musical galego e que se inspira na música tradicional e emprega instrumentos de corda coma o violín, a viola ou a viola de gamba, entre outros. Tamén acompañou a Carlos Núñez por escenarios de todo o mundo. 

Atopar capítulo por: