CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Xosé Carlos Caneiro, cine, música e Fondos Reservados

12/06/2016 00:45 h

“Y solitario bajo el cielo como siempre estoy yo” é o título da última novela de Xosé Carlos Caneiro, autor de máis dunha trintena de libros.
O programa cultural da Televisión de Galicia tamén abordará a estrea de dous filmes de carteleira e comentará a película “Homes”, proxecto de Diana Toucedo. 
Pola súa parte, o filme español “Las amigas de Ágata”, dirixido por Laia Alabart, Alba Cros, Laura Rius, Marta Verheyen, é o retrato dun grupo de mozas de 20 anos e a película francesa “Fátima” conta a historia dunha inmigrante musulmá de orixe árabe con dúas fillas. 
No apartado musical, o “ZigZag-Eirado” ocuparase do novo vídeo musical de Ataque Escampe e do cartel do Primavera Sound no Porto: Brian Wilson e PJ Harvey.
Moncho Lemos, pola súa parte, falará de Lou Reyes y Los Astros, proxecto de Marcos Telleira, un dos introdutores do rockabilly en Galicia.

Atopar capítulo por: