CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Xosé Antonio Perozo / Xaime Tenreiro / Libraría Molist / Música e carteleira

08/02/2015 00:45 h

O programa “ZigZag-Eirado” da TVG, que recolle a información cultural da semana máis salientable e adianta as novidades para o lecer da fin de semana, ofrece nesta ocasión unha moi variada oferta dirixida aos seus seguidores galegos. No aspecto musical, vai contar coa presenza de Al Vila, un cantautor ferrolán en cuxos directos priman os temas acústicos, as melodías elaboradas e as baladas envolventes. Por outra parte, haberá espazo para falar de tres grupos destacados e dos que se fixo cadansúa reportaxe: “Fíos imposibles”, “ Impront-us” e “Manos de toro”.

Tino Santiago terá no estudio do programa para entrevistar ao escritor Xosé Antonio Perozo, que vén de ser elixido presidente de Gálix, a Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil, tras a remuda da directiva anterior da que fora presidente Francisco Castro. Perozo achegará información sobre os seus proxectos cara aos próximos anos destacando un labor continuador para consolidar o xa realizado. 

Mon Santiso, o sempre áxil reporteiro do programa, desprazouse ata a Coruña para coñecer polo miúdo o estudio do pintor Xaime Tenreiro, último dunha saga de artistas  e arquitectos coruñeses. Xaime ten amplas temáticas pictóricas que van desde a mitoloxía ata a propia Biblia. Tivo os seus inicios nos anos 80 na revista La Naval. Aparte tamén Santiso visitará a Libraría Molist, no Cantón Pequeno coruñés da que se fixeron cargo xa tres xeracións de libreiros.

Remata a oferta de “Zigzag-Eirado” deste sábado co repaso que cada semana Anxo Suances fai ás carteleiras do cine en Galicia.

Atopar capítulo por: