CRTVG

Buscar

Zigzag-Eirado

Xosé Antonio Perozo, “Koufranders” e Cardigan Bridge

01/05/2016 00:45 h

Polo estudio de gravación pasan cada semana diferentes representantes da cultura galega e hoxe reciben a Xosé Antonio Perozo, presidente de “Galix” (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), unha asociación que se creou no ano 1989 e que ten como obxectivo o fomento da cultura e da lingua galega a través da literatura infantil e xuvenil. 
Para o bloque de cinema, o programa trae unha proposta dirixida pola galega Olaia Sendón chamada “Koufranders”, unha cinta que pretende establecer, segundo declara a directora, “unha crítica á crise social e política que estamos a vivir”. 
O especialista en música e cine da TVG, Moncho Lemos, falará na súa sección da intérprete Cardigan Bridge (pseudónimo de Rebeca Ponte), unha artista plástica coruñesa que dedica tamén parte do seu tempo á poesía e á música.

Atopar capítulo por: