Xorden novos animadores á lectura a través da Rede
12/04/2020 13:33 h
Escoitamos falar dos influencers, dos youtubers ou dos instagramers... pero saben o que son os letubers...? Trátase dunha nova figura dentro deste mundo das redes, pero que esperemos teña un longo percorrido. Naceu con este confinamento e a través das novas tecnoloxías convídanos a somerxernos nas páxinas dos libros, e sobre todo aos máis pequenos. Beatriz Núñez, presidenta da Asociación Espazo Lectura de Gondomar.