Zigzag diario
Xisela Franco / Festival Cambretoon / Curtametraxe "Disney" / Play-Doc
O espazo “ZigZag Diario” recibirá hoxe a visita da realizadora Xisela Franco, directora do documental “Santiago, olladas de perfil”, realizado ao abeiro do proxecto expositivo “Camiño. A orixe”, que a partir deste venres e ata o 13 de setembro ofrecerá na Cidade da Cultura unha visión contemporánea da ruta xacobea.
Por outro lado, o espazo presentado por Pilar G. Rego falará sobre a primeira edición do festival Cambretoon, que se celebrará do 19 ao 21 de marzo na localidade coruñesa de Cambre co obxectivo de amosar, en formato cinema, obras mestras da animación de todos os tempos e tamén de promover os proxectos galegos neste eido.
Ademais, “ZigZag Diario” achegarase a “Disney”, a nova curtametraxe de Jorge Saavedra, director de curtas coma “Sen chumbo” e “Mr. Smith & Mrs. Wesson” e de series como “Matalobos” e “Serramoura”, e ofrecerá un avance da programación do Play-Doc, o Festival Internacional de Documentais de Tui, que terá lugar entre o 22 e o 26 de abril.