CRTVG

Buscar

No bico un cantar

Xirarei

08/03/2014 20:30 h

 Xil Ríos cantaba desde neno. A súa carreira musical comezou en 1971, cando se presentou ao Festival Bahía de Vigo. Desde entón editou máis de 30 discos.

 Gran parte do seu repertorio é de composición propia, pero o seu grande éxito foi “Xirarei”, que acadou unha enorme popularidade en 1980. A canción deu voltas e voltas por todas as romarías, celebracións, palcos e programas de televisión. O tema compúxoo Xoán Pardo e fórono gravar a Londres. O incansable Xil Ríos tivo tamén outros moitos éxitos e, ademais da música, non deixaba de facer o que máis lle gustaba: o deporte.

 No programa falan de Xil Ríos coñecidos e amigos, como o presentador Xosé Manuel Piñeiro, o cantante Xoán Rubia ou o gaiteiro Budiño. Os espectadores da TVG tamén poden escoitar distintas versións do mítico “Xirarei”, unha das máis curiosas, a do mestre gaiteiro Xavier Blanco, que utilizou un simple muíño de café como instrumento. “No bico un cantar” tamén presenta unha primicia de Xosé Manuel Budiño coa frauta, a dozura de Maret e ata unha versión clásica do Cuarteto Egeria.

Atopar capítulo por: