Sopa de festa
XII Festa da Zorza en Fornelos de Montes
19/09/2016 22:45 h
A cita gastronómica é a da XII Festa da Zorza de Fornelos de Montes, un evento que nunca perden os veciños da contorna.
A asociación de veciños da parroquia de Ventín son os encargados de levar a cabo esta festa gastronómica, e así vivir de preto xunto a eles os preparativos e coñecer como xurdiu a idea desta celebración.
Ademais, ao evento gastronómico tamén se lle une outro como é a concentración de vespas clásicas. Ao longo do día, os visitantes e veciños de Ventín poden ver auténticas xoias de dúas rodas mentres comparten unha boa ración de zorza e outros produtos.