Naqueles tempos
"Xentes da aldea". Programa 4
03/11/2015 23:30 h
O programa “Naqueles Tempos” estará centrado este martes nos primeiros anos da década dos 70, que é cando máis se evidencia o desprazamento da poboación galega do interior cara ás cidades máis poboadas do litoral. Era cando o 70% dos galegos vivían en aldeas, vilas e pequenos lugares, un dato que na actualidade está totalmente trocado.