CRTVG

Buscar

Estache bo!

Xenos con ovo, touciño e allada

16/02/2022 19:50 h

INGREDIENTES:

· 1 kg de xenos · 4 ovos · 200 g de touciño · Aceite de oliva virxe · 1 cullerada de pemento doce · 2 dentes de allo

ELABORACIÓN:

Poñemos a pota ao lume co touciño e o sal. Limpamos os xenos e cortámolos para engadilos na pota. Mentres tanto, cocemos os ovos nun cazo durante 10 minutos. Fritimos os allos en láminas nunha tixola. Engadimos pemento, vinagre e unha pouca auga de cocer os xenos. Cortamos o touciño en liscos e torrámolo nunha tixola. Servimos a verdura cos ovos, o touciño, o prebe por enriba e rematamos a receita.

Atopar capítulo por: