CRTVG

Buscar

Xenio e enxeño

A construción naval / Os biofertilizantes

28/12/2020 16:40 h

A construción naval ten unha gran tradición en Galicia e a día de hoxe lidera o sector en España. Por segundo ano consecutivo aumentou a súa carteira de pedidos e logrou posicionarse como a cuarta potencia de Europa. Un estaleiro con mais de 40 anos de historia ábrenos as súas portas para amosarnos como se fabrican as súas embarcacións.

A sobreutilización de fertilizantes e pesticidas químicos xera múltiples problemas medioambientais. Unha solución a estes problemas é o uso de biofertilizantes, produtos a base de microorganismos formados especialmente por bacterias e fungos. Visitamos unha empresa con certificación ecolóxica que aposta pola innovación e a calidade dos seus abonos orgánicos cos que atenden as necesidades do sector agrícola, gandeiro, agroindustrial e urbano. Esta empresa é un modelo de xestión comarcal e avanza cara á produción ecolóxica do futuro.

Atopar capítulo por: