CRTVG

Buscar

Xenio e enxeño

O iogur ecolóxico / Os drons

30/12/2020 16:40 h

O consumo frecuente de iogur está recomendado para acadar unha dieta equilibrada e variada. Un produto rico en calcio que axuda ao crecemento dos nenos e que ademais ten un baixo aporte calórico. Imos ver como se elabora un iogur ecolóxico de alta calidade nunha granxa comprometida co medio ambiente e co desenvolvemento sostible.

Os drons chegaron para quedar. A parte do seu uso recreativo, pois con eles podemos gravar unhas fermosas imaxes aéreas, tamén se utilizan para abordar moitos problemas sociais e medioambientais da nosa sociedade. Imos descubrir como funcionan e cales son os seus usos da man dunha empresa galega punteira no sector

Atopar capítulo por: