CRTVG

Buscar

Estache bo!

Xarrete glasado ao forno con viño do Rosal

23/04/2021 19:50 h

Ingredientes:

1 xarrete de tenreira galega 2 cebolas 1 allo porro 2 cenorias 2 tomates sen pel nin sementes 1 cullerada de tomate concentrado 1/2 cabeza de allo (pola metade) 1/2 cullerada de pemento doce 1 folla de loureiro 1 rama de romeu 1 rama de ourego 1/2 l de viño do rosal 1/2 l de caldo de carne 2 noces de manteiga Aove Sal e pementa PARA A CABAZA AO VAPOR EN ACEITE AROMATIZADO: 1 cabaza pequena Aove Perexil 1 dente de allo 1 culleradiña de pementa

Elaboración:

Para facer este pratazo bridamos o xarrete e salpementámolo. Marcámolo nun fondo de aceite de oliva, no mesmo aceite rustrimos lixeiramente as verduras. Incorporamos os tomates, as herbas, o xarrete, o viño e o caldo. Enfornamos a 160 graos durante 3 horas e 45 minutos. Cocemos ao vapor a cabaza e marcámola no aceite aromatizado. Sacamos os xugos do enfornado do xarrete e imos napándoo con eles. Empratamos e listo para comer…!!!

Hoxe, o noso reporteiro recadeiro Rafa Durán visitará en O Rosal, Pontevedra, a Manuel Giráldez, o director comercial de Quinta Couselo, quen nos falará do produto estrela de hoxe: o viño do Rosal.

Atopar capítulo por: