Zigzag diario
Xabier Quiroga, Dorna e "A noite enriba" de Diego Ameixeiras
O galardoado escritor Xabier Quiroga acaba de publicar unha nova obra titulada “Izan o da saca”, unha novela negra en que se investigan varias frontes. A presentadora de “ZigZag Diario”, Pilar G. Rego falará con el deste argumento e das claves dos personaxes.
E da novela negra pasarán á poesía, xa que o programa ofrecerá unha reportaxe sobre a coñecidísima revista poética Dorna, que desde os anos 80 leva acollendo as verbas poéticas da nosa comunidade. O resultado será un intenso percorrido por unha publicación en que se atopan nomes moi coñecidos da nosa poesía.
Finalmente, o espazo da tvG2 voltará á novela negra con “A noite enriba” de Diego Ameixeiras, que narra a vida dun escritor obsesionado con David Goodis, un dos autores esquecidos de época dourada da novela negra nos Estados Unidos. O obxectivo do protagonista desta historia é contar a biografía deste escritor, reivindicada desde hai moito tempo polos filólogos existencialistas franceses.