Na nosa nube
Xabier Gómez Noya / Bugui García / José Antonio Lorenzo / Todo sobre "Pazo de familia"
O programa “Na Nosa Nube” contará esta tarde coa presenza de Javier Gómez Noya, o campión do mundo de tríatlon, un dos mellores deportistas galegos de todos os tempos. Javier ten un palmarés incrible e iso que cando tiña 22 anos o Consello Superior de Deportes incapacitouno para a competición ao detectarlle unha cardiopatía conxénita.
Os espectadores da TVG tamén coñecerán a Bugui García, un home que cambiou a súa vida na procura da autosuficiencia enerxética e alimentaria. Deixou o seu traballo para construír coas propias mans a casa dos seus soños, unha casa respectuosa con eles e coa súa contorna, enerxeticamente sustentable e construída con materiais 100% ecolóxicos.
Ademais, Silvia Jato conversará con José Antonio Lorenzo Feijoó, que ten unha confeitería en Xinzo de Limia e que fixo unha torta con motivo da Festa do Esquecemento. A súa ilusión era facerlla chegar ao Papa Francisco e conseguiuno.
Como colofón do programa deste domingo, “Na Nosa Nube” fará un percorrido polos furanchos galegos para probar o viño novo e, coma sempre, ofrecerá humor e música, nesta ocasión coas actuacións de Xavier Blanco e de Lucía Pérez.