CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Womex: Quique Peón Cía., Calypso Rose e a programación do Festival

19/10/2016 21:00 h

Modo Womex no programa temático que cada semana o “ZigZag Diario” lle dedica á música. Con motivo do festival internacional de músicas do mundo que acolle Santiago de Compostela, o cultural da tvG2 repasará as actividades coas que se poderá gozar durante o encontro e conversará con algúns dos músicos participantes. 
No estudio de gravación do programa estará un dos galegos participantes nesta edición do Womex, Quique Peón, profesor, investigador e creador de danza tradicional galega, que dirixe a súa propia compañía, a Quique Peón Cía.
Pola súa parte, Moncho Lemos falará de Calypso Rose, unha caribeña de Tobago considerada a raíña do xénero musical que lle dá nome e con premio no Womex.

Atopar capítulo por: