CRTVG

Buscar

Zigzag diario

Wöyza, Os Rolling Stones, Los Remasters, Abe Rábade e Aerolíneas Federales

23/11/2016 21:00 h

O programa cultural da tvG2 recibe hoxe no estudio de gravación a Wöyza, que ten novo disco no mercado, “Pelea”. A cantante viguesa regresa tras oito anos sen estreas discográficas cun traballo de fondo contido social, do que falará no espazo da canle pública. Pola súa banda, Moncho Lemos falará no seu espazo dos Rolling Stones, que sacan novo disco de versións o vindeiro 2 de novembro. Titúlase “Blue and Lonesome” e é unha homenaxea ao chamado blus eléctrico. Ademais, haberá recomendacións de música en directo. Os grupos Los Remasters actúan na Coruña e Abe Rábade, en Madrid. Os espectadores do programa terán ocasión igualmente de escoitar un anaco do primeiro disco en vivo de Aerolíneas Federales. Un vinilo azul, CD e DVD do concerto gravado en xaneiro do ano pasado na Sala Arena de Madrid.

Atopar capítulo por: