CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 19: Cedeira

17/03/2020 23:30 h

A 620 metros por enriba do nivel do mar, nos cantís máis altos de toda Europa continental, van quedar os nosos presentadores para intentar visitar Punta Herbeira no medio dun vento descomunal. Pero como queren saír vivos da experiencia, Víctor non tardará en dirixirse a San Andrés de Teixido cara a famosa capela onde a onde van parar as almas que non chegaron pola súa propia vontade. E como unha boa supersticiosa, Ledicia proporá fabricar os seus propios amuletos: os típicos sanandresiños na tenda Fina.

Mentras Ledicia visita o Museo dos Mares para facer honra a un dos portos máis importantes das Rías Altas, Víctor fará o mesmo desde o Castelo da Concepción desde onde descubrirá os segredos das praias cedenses co xeólogo Francisco Canosa. Nesta ocasión, a comida corre a cargo da taberna do Jojo. Ela durmirá no hostal Herbeira e el na Hospedería Cordobelas.

Atopar capítulo por: