CRTVG

Buscar

Vou que teño que ir

Programa 3: Vigo

29/10/2019 23:30 h

Ledicia Sola e Víctor Fábregas tras citarse na famosa portal do Sol, emprenderán unha aventura pola cidade olívica seguindo as recomendacións da súa anfitriona a actriz Uxía Blanco. Ledicia, na súa faciana máis urbanita, deixarase cautivar polos segredos e misterios escondidos nas rúas da zona vella acompañada da súa homónima, a escritora Ledicia Costas.

Víctor, en cambio, optará por descubrir a espectacular Fundación Sales, un xardín botánico de especies tropicais de inspiración xaponesa creado polo vigués Francisco de Sales Covelo nos anos 60. A raíña da coroa é o nenúfar xigante, unha planta acuática única en España que acada os dous metros de diámetro por folla. 

Atopar capítulo por: