Vivir aquí
Máis ca terrazas
27/07/2019 15:15 h
Índice de contidos
A solaina cara a Tambo
Á beira do Arnoia
Un curral entre O Barbanza e Arousa
Un verxel no centro de Compostela
Cíes: ollar, gozar e conservar
O Vivir aquí chega ao remate dunha nova temporada, e xa van aló 500 capítulos con este título, que, basicamente, quere darlles voz aos que poboan esta fermosa esquina do mundo.
E para irnos de vacacións propoñémos alternativas de ocio. Os espectadores da Televisión de Galicia, no programa Fun polo aire, votaron as mellores 5 terrazas de bar que se poden atopar por Galicia adiante.
Sen dúbida, son lugares agradables onde estar, pero sobre todo destacan polo que podemos ollar ou gozar nos seus arredores. Neste Vivir aquí visitámolas e ollamos o máis destacado da súa paisaxe para darlle protagonismo nas nosas reportaxes.