CRTVG

Buscar

Labranza

"Vivir no solo", un cómic sobre o valor da terra / Queixo San Simón da Costa, premio Aresa de Desenvolvemento Rural

16/08/2015 14:00 h

"Vivir no solo", un cómic sobre o valor da terra

O solo é un recurso non renovable que tarda séculos en se formar e segundos en se destruír. Por iso, a Sociedade Española de Ciencia do Solo e o CSIC, o Consello Superior de Investigacións Científicas, veñen de promover a edición do cómic "Vivir no solo". A idea é dar a coñecer entre os máis pequenos a importancia dun recurso sobre o que se sustenta a agricultura e a gandería do país.

Queixo San Simón da Costa, premio Aresa de Desenvolvemento Rural

Hai uns 25 anos estaban a piques de desaparecer, e hoxe os queixos de San Simón da Costa están entre os dez con denominación de calidade máis consumidos do Estado. Foi unha curta andaina na que se recuperou con éxito un produto tradicional pero, alén diso, destaca a función dinamizadora que cumpriu nunha área rural como a Terra Cha. Repasamos a historia do queixo de San Simón, e eses logros que o levaron a obter este ano o premio Aresa de Desenvolvemento Rural.

 

 

 

Atopar capítulo por: