CRTVG

Buscar

Vivir aquí expréss

Mestres do seu

07/03/2020 15:45 h

O audiovisual galego ten na entrega dos Premios Mestre Mateo un dos momentos máis importantes do ano polo que supón de coñecemento e de recoñecemento do traballo que hai detrás de cada produto que chega ao público.


Nesta dezaoito edición hai 25 categorías e 100 nominados, a maioría vinculados dalgún xeito á Televisión de Galicia. A presentadora desta edición é a actriz Patricia Vázquez.
Neste VIVIR AQUI destacamos o éxito da película O que arde, de Oliver Laxe, que entre outros méritos, deulle visibilidade a unha muller de máis de 80 anos, que como veremos serve de exemplo a outras moitas mulleres galegas de idade que saen na radio e na television de Galicia.
Pero tamén imos ver como se fai un programa de televisión de éxito ou como unha serie galega está chegando a todo o mundo, 'O sabor das Margaridas' que gañou no 2019 o Mestre Mateo á mellor serie e prepara xa a segunda temporada.

Atopar capítulo por: