Vivir aquí
Descubrindo o escenario de 'Bicos e bicas': o pazo da Almuzara
08/09/2023 15:30 h
Os seus xardíns convertéronse este verán nun estudio de televisión. Por ese motivo descubrimos que o pazo da Almuzara ten toda unha lenda, unha lenda real, pero real de realeza. Din que neste pazo durmiu Afonso XIII e que se atopa agochado un tesouro. É unha referencia na comarca do Carballiño. Imos coñecer polo miúdo o estudio de Bicos e bicas.