Vivir aquí
Entre o pasado e o futuro
17/07/2022 20:00 h
Índice de contidos
SUMARIO
Hologramas galegos
No tren Celta
Faro de Meirás
Descubrimos a empresa galega Newtonlab, punteira no desenvolvemento das posibilidades dos hologramas para as interaccións personais, ao abeiro do 5G. Son capaces de facer pasar por real o que non é máis ca unha ilusión óptica.
De ilusión saben moito os amantes do coñecido como tren Celta, o que une Galicia con Portugal dende o século pasado. Un medio de transporte cheo de historias.
Como historia ten o faro de Meirás, emblemático pola súa situación en Valdoviño e recoñecible polo seu peculiar deseño.