Vivir aquí
Historias emocionantes
03/07/2022 20:15 h
Índice de contidos
SUMARIO
Recuperación do Pasatempo
Peregrinos con secuelas covid
Eventos G serie Saudade de ti
O parque do Pasatempo de Betanzos vai recuperar o seu pasado esplendor grazas a un proceso de restauración que vai sorprender mesmo aos que nalgún momento o puideron pasear.
Tamén coñecemos a Manuel e María, unha parella de Madrid, auténticos amantes e promotores das rutas Xacobeas, que este ano quixeron cumprir co seu costume de andar o Camiño malia teren pasado a Covid e manter, no caso de Manuel, graves secuelas.
A súa peripecia persoal está chea de emocións, como as que recolle a nova serie da Televisión de Galicia para as tardes do verán, "Saudade de ti" . Actores e actrices que non só saben actuar, senón tamén cantar, como demostraron nun "Eventos G" moi especial.