Vivir aquí
Rural para estudar, traballar e vivir
Índice de contidos
Fálase moito de cambio climático e da necesidade de coidar o medio ou, polo menos, deixar de estragalo. E entre as medidas que os expertos aconsellan está a educación das novas xeracións para que cambien a súa visión do medio rural. Un exemplo é o primeiro Ciclo de Produción Agropecuaria Ecolóxica que se acaba de poñer en marcha no instituto de Arzúa.
Acompañamos os alumnos destes estudos pioneiros polos que están moi interesados as explotacións da zona, que non atopan traballadores especializados.
Dese mundo rural saben ben tres mulleres de San Sadurniño, as Lolas da Cascarilla, que estes días apuran para recoller o millo, pero non para o gando, se non para facer artesanía, outro exemplo evidente de que con imaxinación e formación, no ámbito rural hai posibilidades dabondo para vivir mellor.