Vivir aquí
Os inimigos que asexan
Índice de contidos
Foi un dos incendios máis pavorosos do verán pasado en Galicia e queimou unhas 1.700 hectáreas nos concellos de Ribas de Sil, A Pobra do Brollón e Quiroga, moitas delas incluídas no único xeoparque que a UNESCO concedeu a Galicia, o das montañas do Courel.
Acompañamos a Olga, da Asociación de veciños de Margaride, onde están as minas de ouro romanas preto das que ardeu un roteiro do ouro que eles crearan. Tamén fala Fernando, das Laceiras, a aldea que se salvou grazas á vexetación autóctona que a rodeaba.
Tamén se enfrontan a unha loita contínua os adictos ao xogo e ás apostas. Un mal que se estende entre os máis novos. A Universidade de Santiago vai comprobar canto en Galicia, cun estudo en que avaliará máis de 10.000 estudantes. Membros da Asociación Galega de Ludópatas achegan testemuños que asustan.