Vivir aquí
Os vixilantes do mar, a terra e o ceo
24/10/2021 15:30 h
Índice de contidos
SUMARIO
Controladores do clima
O Copernicus en Galicia
Na semana en que se conmemoran on Día da Protección da Natureza, do aforro enerxético e do cambio climático coñecemos os que fornecen de datos aos analistas do clima para saber como vai cambiando.
Son persoas anónimas, como Miguel, Pablo e Guillermo, que colaboran con organismos como a NASA ou as axencias nacionais de meteoroloxía contándolles cada día o que observan no seu ámbito máis local.
É un xeito parecido ao do funcionamento do sistema europeo Copernicus, un conxunto de satélites que monitorizan o planeta, e do que moita xente escoita falar estes días por mor da erupción volcánica da Palma. En Galicia emprégase hai unha década para labores no mar e na terra. Descubrimos o auténtico vixía da Costa Atlántica.